ActualitatNotícies

Amb un Manifest Federal, que cita a Pi Margall i Aureliano Pereira, acaba de constituir-se, a Santiago de Compostel·la, l’Associació Federalista de Galícia. “Perquè en el món actual -ressalta-, el federalisme és la regla i no l’excepció: més del 65% de la població mundial viu en sistemes federals de diversa naturalesa”.
“El federalisme -afirma el manifest gallec- postula, abans de res, l’abandó del sobiranisme, la perillosa quimera heretada de la teologia política que ja sigui en l’Estat, el poble o la nació resideix un poder il·limitat, indivisible i indelegable”. És per això que “enfront de l’autodeterminació unilateral -subratlla el Manifest- el federalisme proposa una *co-determinació multilateral, com a nucli mateix de la democràcia”.
Assenyala també el manifest que “el federalisme implica una idea pròpia de comunitat política, presidida per la unitat en la diversitat electoral, cultural, institucional i nacional”. I, en tal sentit, advoca per un reforçament dels governs locals, com a àmbits polítics de primer ordre; europeista, “perquè federal va ser i continua sent el projecte polític de la Unió Europea”, i internacionalista.
L’Associació Federalista de Galícia neix amb la voluntat de servir, des de la societat civil gallega, d’espai obert, plural i amigable, d’anàlisi, debat, divulgació i concreció de l’ideari federal a Galícia, Espanya i Europa, i fa una crida a totes i tots, resideixin on resideixin, i des de les més diverses perspectives professionals, política i culturals a compartir les voluntats de la causa federal.

…………

MANIFESTO FEDERAL 

ASOCIACION FEDERALISTA DE GALICIA

O federalismo é unha visión da política nacida para resolver problemas da cidadanía e un esixente ideal normativo da democracia baseados no pacto, na negociación, no goberno mediante acordos revisables e potestades compartidas. Unha visión requintada, froito dunha moi longa traxectoria, ben contrastada na práctica e moi plural nos seus deseños institucionais, solucións técnicas e orientacións ideolóxicas. Un ideal político que ten que ser debatido, espallado, explicado e concretado do xeito mais acaído a cada país e a cada conxuntura. Así e todo, en España e en Galicia, por razóns históricas  que se remontan á Constitución de Cádiz e a I República, o federalismo non se albisca, como acontece no resto do mundo – desde USA a Alemaña pasando por Australia, India, Brasil ou Canadá – como a construción dunha Federación, isto é, dunha Unión federal estable e solidaria, senón como destemida fractura e  “balcanización” do Estado. Mesmo até o punto de perdermos por completo, no esquecemento mais lamentable, o contacto coa nosa tradición política e intelectual do republicanismo federal, a de Pi i Margall, Valentí Almirall ou, entre nós, Aureliano Pereira, Leiras Pulpeiro ou Pérez Costales. Porén, no mundo actual o federalismo é a regra e non a excepción: mais do 65% da poboación mundial vive en sistemas federais de diversa natureza.

O federalismo postula, ante todo, o abandono do soberanismo, a perigosa quimera herdada  da teoloxía política de que – quer no Estado, no pobo ou a nación – reside un poder ilimitado, indivisible e indelegable. Fronte a autodeterminación unilateral o federalismo propón a codeterminación multilateral como a cerna mesma da democracia. O federalismo defende un mundo político non xerárquico,  de coordinación horizontal con fundamento na lealdade e o respecto recíproco entre poderes compartidos.

O federalismo salienta a incomparable calidade do goberno democrático multinivel fronte a calquera caste de centralismo. Reclama, por unha parte, o mais amplo autogoberno das unidades federadas no ámbito das súas competencias e, por outra, potentes mecanismos de goberno compartido para os asuntos comúns. O federalismo ten amosado  durante séculos, e en multitude de países, a súa excepcional capacidade de canalización de conflitos territoriais, de adaptación e resiliencia como forma de goberno en permanente evolución. De feito, a Federación enxerga o sistema político mais acaído para contextos cambiantes e plurais, mediante a distribución de competencias acordada mediante pactos, sempre mellorables e revisables, de interdependencia multilateral.

O federalismo implica tamén unha idea propia de Comunidade política, presidida pola unidade na diversidade electoral, cultural, institucional e nacional. É  a súa unha perspectiva tolerante, por definición, de identidades superpostas, non pechadas en si mesmas e de costas unhas cás outras, de pertenzas non excluíntes. O federalismo acubilla unha defensa convencida do  pluralismo cultural e lingüístico ó fío dos procesos abertos de creación e intercambios culturais, tanto no conxunto da Federación como no interior de cada unha das comunidades federadas.

O federalismo postula como un dos seus eixos básicos e irrenunciables a igualdade e solidariedade interterritoriais, o apoio mutuo  baseado na suficiencia financeira e na corresponsabilidade fiscal das comunidades federadas, a transparencia e a proporcionalidade redistributiva. Velaí a súa resolta vocación de federalismo do benestar, co obxectivo explícito de se configurar como un suporte básico do Estado social e democrático de dereito, da calidade de vida cotiá da cidadanía, áncora solidaria das políticas sociais,  de igualdade, de educación pública, de sanidade pública, de salario, vivenda e pensións dignas, das inaprazables políticas medioambientais.

O federalismo implica moito mais que un deseño institucional, insiste tamén na elaboración colectiva dunha  indispensable cultura política federal,  un xeito de pensar, unha sensibilidade, un modo vida federal. A Federación non é posible sen unha cultura cívica federativa, é dicir, un conxunto de actitudes, disposicións, valores e principios que habilitan á cidadanía para desenvolverse, desde a reciprocidade e o mutuo respecto, nun goberno multinivel sempre en proceso, aberto á competencia interna e a contextos de experimentación  autónoma de políticas públicas, en escenarios complexos de pluralismo lingüístico e cultural.

O federalismo no so achega razóns, principios e mecanismos políticos dabondo, moi precisos e experimentados,  non consiste so en articular intereses e identidades da man dunha visión racionalista da política alternativa ás paixóns nacionalistas. Pola contra,  traballa tamén un específico réxime emocional, cultiva e potencia emocións axeitadas para facilitar identidades superpostas, para construír contextos sociais e políticos democráticos, estables e cooperativos. Así, promove a empatía fronte a resentimento, a confianza cívica fronte a desconfianza xeneralizada, a solidariedade fronte ó desprezo ou a xenreira ao outro,  ao diferente. Fornece, en definitiva, a imprescindible base afectiva dunha idea non nacional-populista de nación.

O federalismo, en canto sistema democrático de goberno multinivel é  simultaneamente: 1) municipalista: acérrimo defensor do principio da subsidiariedade a partir do reforzamento dos gobernos locais como ámbitos políticos de primeiro orde, de prestación de servizos públicos e realización de dereitos cívicos, de participación e deliberación cidadá; 2) europeísta: pois federal foi e segue a ser o proxecto político e non meramente económico da Unión Europea, a prol dos seus obxectivos sobranceiros de paz, democracia, solidariedade e pluralismo cultural e relixioso; 3) internacionalista: pois os desafíos transfonteirizos da rampante desigualdade global, a crise socio-ecolóxica e o cambio climático reclaman avanzar, na procura dunha nova fronteira xusta para toda a humanidade, cara un imprescindible federalismo social a escala planetaria.

A Asociación Federalista de Galicia nace coa vontade de servir, desde a sociedade civil galega, de espazo aberto, plural e amigable  de análise, debate, divulgación e concreción do ideario federal en Galicia, en España, en Europa.  Mediante este Manifesto facemos un chamamento á incorporación activa de todas e todos os que, residan onde residan, desde as mais diversas perspectivas profesionais, políticas e culturais estean  interesados, dun xeito ou doutro, en compartir as arelas da Causa federal.

Santiago de Compostela, Decembro de 2019.